Dende a oficina de venta de Coper@ctiva Cultural - Culturactiva SCG, Oficin@ctiva, distribuimos un grande abano de espectáculos e compañías galegas, e do resto do Estado, no mercado local, estatal e europeo.
Somos a distribuidora de teatro líder en Galicia cunha grande cantidade de estilos, sempre co humor e a calidade como nexo de unión e referencia dos nosos espectáculos. Falamos de diferentes estilos e disciplinas como o Teatro de Rúa, Clown, Circo, Maxia, Teatro de Interior, Teatro Cómico, Animacións, Pasarrúas, etc…
Grazas a esta grande diversidade de espectáculos e á inestimábel colaboración de compañías e artistas realizamos todo tipo de programacións para clientes do máis variado: Concellos, Entidades Bancarias, Administración Pública, Festivais, Programacións Teatrais, Empresas, etc...
Nos enlaces pódese consultar unha breve información dalgúns dos espectáculos que distribuímos actualmente.
Para máis información non dubiden en consultarnos:
Tlf: 981 58 28 36
Mail: info@culturactiva.org
|
|