Cultur@ctiva 09/09/2010 
Quen somos | Proxectos | Fototeca
festiv@ais
Festiclown
Mundoclown
Galeuzca
Olladas do planeta
Terr@ctiva
Coper@ctiva

Formación
Seminario Cómico Galego
Escolactiva
Coñece o teu sexo

Ocio
Fest@ctiva Camp@ctiva Menú do Humor
Aqui a sua publicidade Accion e solidariedade
Accion e solidaridade Nunca Mais Non a Guerra

Escolactiva

  Escol@ctiva
¿Que é Escol@ctiva?
Escol@ctiva é unha escola de formación permanente dentro do proxecto profesional de Coper@ctiva Cultural - Cultur@ctiva S. Coop. Galega que pretende crear espazos de intercambio e debate, entre formadores/as e persoas adicadas ou interesadas no tempo libre e no ocio alternativo, centrada na educción non formal.

¿Porque unha Escol@ctiva?
O nacemento de Escol@ctiva vén motivado pola observación crecente das persoas que integramos o proxecto de Coper@ctiva Cultural - Cultur@ctiva S. Coop. Galega da grave pobreza formativa que exsite na actualidade dentro do campo da animación sociocultural. A excesiva mercantilización do tempo libre, o peso abusivo das fórmulas consumistas no desfrute do ocio e a falta de profesionais formados en sistemas autocentrados de educación, xeran un mapa técnico e cultural no que a persoa e o concepto de comunidade vense relegados a un plano subordinado. Ante esta realidade, nós apostamos pola formación de calidade que deberá buscar xeitos anovados día a día, desde a avaliación contínua e a búsqueda permanente. Dende Escol@ctiva pretendemos fomentar unha nova fornada de técnicos/as, profesionais ou non, que pulen por unha nova concepción do lecer e a acción cultural, experimentando con modelos pedagóxicos comprometidos coa horizontalidade e a dinamización social e demostrando que unha outra edcuación é posible.

O método de traballo de Escol@ctiva
As premisas que marcan o noso traballo son a educación popular como método pedagóxico, unha prioritaria relación co entorno social e a formación en valores. Todas estas premisas están vencelladas entre si e forman parte dunha visión global de intervención comunitaria, na que se emprega a diversión e o tempo de ocio como medio para fomentar a participación cidadá e a mellora na calidade de vida.

Os nosos cursos Os campos de actuación pedagóxica da Escol@ctiva son amplos e variados, e van desde a formación de monitores/as e directores/as en actividades de tempo libre ata a de dinamizadores sociais que interactúen no campo medioambiental, xuvenil ou cultural, pasando por multitude de disciplinas e técnicas como a Risoterapia, Ioga-clown ou o fomento do asociacionismo. Asemande, propoñemos unha batería de obradoiros e cursos integrados no proxecto de Coper@ctiva Cultural - Cultur@ctiva S. Coop. Galega que conforman un proxecto global que se artella arredor da persoa e o seu desenvolvemento.
>>FORMACIÓN PARA O OCIO E O TEMPO LIBRE

MONITORES/AS DE TEMPO LIBRE

DIRECTORES/AS DE TEMPO LIBRE

>>FORMACIÓN PARA A DINAMIZACIÓN SOCIAL

CURSO DE DINAMIZADORES/AS CULTURAIS

CURSO DE DINAMIZADORES/AS XUVENÍS

ASOCIACIONISMO

>>FORMACIÓN PARA A DINAMIZACIÓN MEDIOAMBIENTAL

DINAMIZADORES/AS MEDIOAMBIENTAIS

>>FORMACIÓN PARA A O DESENVOLVEMENTO PERSOAL

ESCOLA VIVA

RISACTIVA

>> XORNADAS

XORNADAS DE MEDIOAMBIENTE

XORNADAS DE SEXUALIDADE

>> FORMACIÓN TEATRAL

CURSO DE INICIACIÓN AO CLOWN

OBRADOIRO DE TEATRO E DRAMATIZACIÓN



« Volver

Galego | Castelan
Inicio
Novas
Axenda
Campañas
Ligazóns/
Directorios
Exposicións


Oficina de distribución teatral


¿E tí que pensas?
Envíanos as túas suxerencias para mellorar o portal



Sindicación de contidos
RSS - sindicación de contidos


Coper@tiva Coper@ctiva Cultural
981 58 28 36 - info@culturactiva.org - Nota Legal