¿Qué é Fest@ctiva?
|
|
Fest@ctiva é un programa de actividades para a mocidade que propón un ocio alternativo á perspectiva comercial que presenta na actualidade o entretemento nocturno, ofrecéndolle un xeito diferente e anovador de autoxestionar o seu tempo e de relacionarse nun espazo que xa habitualmente empregan para a reunión, enriquecendo ese lugar con actividades como proxeccións, obradoiros, actuacións, concertos, ... As actividades son guiadas por especialistas na materia e nelas todas as persoas poderán liberar a súa creatividade ao tempo que gozan do seu tempo libre dunha forma activa, lúdica e formativa.
Coper@ctiva Cultural vén desenvolvendo desde o ano 2002 a programación Fest@ctiva, un amplo e novedoso programa de actividades de ocio alternativo para a mocidade que pretende ofrecer á xente nova, fundamentalmente á partir dos 16 anos, un xeito de diversión diferente, unha alternativa á dinámica da diversión consumista que impera nos nosos días, empregando para elo os espazos públicos e habituais para a reunión próximos aos lugares de diversión habitual da mocidade.
Este proxecto propón unha serie de actividades como opción alternativa, conxugando formación, tempo libre e ocio, tendo como eixes vertebradores a intervención no tempo de ocio da mocidade con actividades adaptadas ás necesidades específicas de cada zona ou concello, o uso de espazos públicos e abertos e a oferta dunha alternativa á “movida” convencional que ata aquel momento non existía. Neste sentido, non busca ser unha proposta excluínte, senón polo contrario unha oferta integradora e necesaria ante o único modelo de ocio nocturno que se ofrece na actualidade.
Desde que en agosto de 2002 Pontevedra acollera por primeira vez un Fest@ctiva, ao longo destes últimos anos realizamos esta actividade en outras vilas e cidades como Narón, Boiro, A Guarda, Betanzos e Santiago de Compostela, cun deseño base que engloba obradoiros, demostracións e actuacións teatrais e musicais, pero sempre aberto a novas propostas, ás características propias de cada vila ou cidade e aos gustos e preferencias do sector de idade ao que vai dirixido.
|
OBXECTIVOS
Os seguintes son algúns dos obxectivos de Fest@ctiva:
Promover entre a mocidade alternativas para un uso en positivo do seu tempo libre, especialmente o nocturno, fora da rutina pasiva e consumista que caracteriza actualmente o seu ocio. Ofrecer actividades de tempo libre, incluso representacións teatrais e concertos, sen límites de participación por motivos económicos. Recuperar os espazos públicos para o encontro entre a mocidade, aproveitando ao máximo os recursos que ofrece cada cidade ou vila. Ofertar un programa de actividades graffitinovedosas, con cursos e demostracións de materias como graffite, hip – hop, dj, malabares, ... tan demandadas pola mocidade nos últimos anos. Propoñer actividades creativas e formativas, como obradoiros de malabares, clown ou percusión africana, facendo partícipes aos mozos e mozas da autoxestión do seu propio ocio.
|
OBRADOIROS
Estes son, entre outros, algúns dos obradoiros e actividades que se poden desenvolver:
* Grafites: Trátase dunha nova arte ligada á cultura do Hip-Hop, que trata de plasmar con sprays de cores as inquedanzas artísticas e expresivas de mozos e mozas nun ámbito urbano. Amosaranse os elementos necesarios e as técnicas básicas para a súa realización, dende o bocetiño ata o grafite final.
*DJ / Hip-Hop: Tamén ligado á cultura do Hip-Hop, esta actividade sirve de achegamento tanto aos elementos técnicos necesarios como ao manexo dos mesmos permitindo o achegamento e o contacto d@s asistentes cun mundo tan atractivo coma descoñecido para a mayoría da xuventude.
*Malabares: Esta actividade permite o achegamento aos diferentes aparatos e as técnicas básicas para o manexo de bolas, paos chinos, mazas ou cariocas, fomentando a participación activa d@s asistentes.
*Percusión Africana O djembé, instrumento típico do Senegal e de grande parte de África, será o protagonista deste obradoiro, no que @s asistentes poderán sentir a forza e a grandeza dos ritmos africanos chegando a reproducir, ao final deste obradoiro, algúns dos máis básicos co seu propio instrumento.
*Teatro – clown Espazo no que se traballan diversas técnicas e dinámicas que permitirán ás persoas participantes un achegamento activo á arte do clown, tanto como disciplina teatral, como no seu aspecto máis social, como ferramenta comunicacional, desinhibidora e fomentadora das habilidades sociais.
* Fest@cción A celebración dunha grande festa como colofón do programa é a fórmula escollida para que mozos e mozas participen nun gran evento final, protagonizado en boa parte pol@s participantes nas actividades previas do Fest@ctiva. Na Fest@cción teñen cabida as demostracións dos obradoiros, representacións de espectáculos teatrais, concertos, animacións, ... nun espazo común onde tod@s poderán compartir as súas experiencias e gozar nun ambiente xuvenil cheo de sorpresas.
* Proxeccións de cine: Actividade que achega o cinema aos espazos nos que se concentra a xuventude, amosando filmes de temática xuvenil e social, procurando programar títulos que non atendan a criterios comerciais ou estéticos e mirando cara filmografías pouco difundidas nos circuítos convencionais.
* Outras actividades / obradoiros: Breakdance Globoflexia Risoterapia – Dinámica da risapoñendo Expresión corporal Fotografía Xogos Cooperativos |
TRAXECTORIA
- Fest@ctiva Pontevedra. 13, 14 e 15 de setembro do 2002, Campiño de Santa María.
- Fest@ctiva Narón. 6, 7 e 8 de decembro do 2002, Pabillón Municipal As Lagoas (Narón)
- Fest@ctiva A Guarda. Fins de semana de Abril do 2004.
- Fest@ctiva Boiro. 24 e 25 de Setembro, 1 e 2 de Outurbo do 2004, Praza de Galicia / Pabillón da Cachada (Boiro).
- Fest@ctiva Compostela. 2 e 3 de Xuño do 2005, Estanque do Campus Sur (Compostela).
- Fest@ctiva Betanzos. Xullo – Agosto 2005, Paseo da Tolerancia – Praza García Irmáns (Betanzos).
- Fest@ctiva Compostela. 9, 10, 16, 17 e 24 de Marzo, IES As Fontiñas (Santiago de Compostela).
- Fest@activa Betanzos. 14 e 15, 21 e 22, 18 e 29 de Xullo, Paseo da Tolerancia – Praza García Irmáns (Betanzos).
|
|
Sindicación de contidos
|