NOVAS
Carballo acolle a estrea de Vicki e a felicidade, a nova proposta de Bandullo Azul 22-04-2024
A Biblioteca Pública Municipal de Carballo será o escenario para a estrea de Vicki e a felicidade, o novo espectáculo da compañía Bandullo Azul. A estrea será mañá, 23 de abril, e haberá tres representacións da obra: dúas dirixidas a centros escolares, e unha terceira aberta ao público familiar, ás 18 horas. As persoas que desexen asistir, poderán reservar o seu convite no teléfono 981 758 580.
O espectáculo Molto Barroco, da compañía Píscore, foi seleccionado no recoñecido Festival de Teatro Clásico de Almagro. O programa deuse a coñecer hoxe, e Píscore está entre catro as compañías que competirán no Certame Internacional Barroco Infantil, unha das seccións do festival.
Ourense acollerá o 30 de abril, a partir das 20.00 horas, unha gala solidaria en favor do pobo palestino no Teatro Principal. Esta é a décima gala que Pallasos en Rebeldía, xunto con Culturactiva, organizan en todo o Estado, para recadar fondos que irán directamente á Franxa de Gaza.
O Teatro Principal será o escenario da presentación do documental “Suso. Fóra de lugar”, un filme de Alberto Sacido no que o escritor Suso de Toro revisa o seu camiño nas marxes, nunha conversa constante que o leva a revisitar os seus inicios, os seus modelos e proxectos literarios, os obstáculos na súa carreira, a súa militancia política, e o abandono e posterior regreso á súa profesión de escritor.