Formulario de busca

Tres pesos



Felisa segade, Estevo Lamas e Xosé Antón Ferreira (Pepe de Calo) son Tres Pesos. Tres xeitos de facer, tres adictos á nosa música, tres caras da mesma moeda. Un proxecto, un soño. Tres músicos, tres voces e tres vidas vinculadas a ducias de proxectos culturais; Malveiras, Colexiata, Pradairo, Limagoia, A Ponte Vella, Ker-cuez, Estivada de Calo, Arreixeira, Leilía, Liceo de Noia, Brincadeira,... centos de horas sobre o escenario e miles fóra del soñando coa nosa música, coa nosa tradición. A música é matemática e a matemática deste trío devolve nesta ecuación un resultado entrañable.

O proxecto nace ó longo do ano 2013 e sae a escea por primeira vez nas festas de San Pedro do ano 2014 en Santiago de Compostela. O seu primeiro traballo “Acta Fundacional” foi gravado nos estudios da Radio Galega Entre os meses de xullo e outubro do ano 2014 e concentra en 9 temas a esencia do que son os Tres Pesos. Música de raíz, música de hoxe.



Máis artistas do catálogo

Vaamonde, Lamas e Romero

+ INFO

Ramon Mirabet

+ INFO

Yllana

+ INFO

Isla LeTriska

+ INFO