Formulario de busca

Circo Chosco



Circo Chosco créase ao coñecérense Ariñe Azkue e Óscar Páez na escola de circo Oreka (Pamplona), na que se formaron durante tres anos. Alí aprenderon diferentes técnicas de circo así como malabares, equilibrios, aéreos, clown, interpretación, creación... Despois tomaron diferentes camiños até que o actor, clown, docente e director Walter Velázquez lles botou unha man na dirección do espectáculo Chosco!

Ariñe Azkue realizou varios cursos de técnicas aéreas, danza, acrobacia e clown na Península, en Italia e máis en Arxentina. Actuou en diferentes festivais de teatro de rúa e diversas galas de circo, traballou con compañías como Zirko Oreka, Zirika Zirkus, Panpinpox… e foi profesora de Técnicas aéreas na mesma escola Oreka na que estudou.

Óscar Páez, pola súa banda, cursou diferentes cursos de clown, acroportés, danza e malabar en diferentes lugares da Península e Arxentina. Formou parte de diferentes compañías de circo, como La Banda e Zirko Oreka, ademais de actuar en diferentes festivais de teatro de rúa e galas circenses. Licenciado en Ciencias da Actividade Física e do Deporte, foi profesor de Acrobacia e malabar na Universidade Pública de Pamplona.

Logo de debutar con Chosco!, Circo Chosco crearon o seu segundo espectáculo xuntos, Forzu2, e participan tamén en compañías como Cair e Pistacatro.



Máis artistas do catálogo

Pablo Muñoz

Pablo Muñoz

+ INFO

Boom Boom Fighters & Cookah P

+ INFO
Brassica Rapa

Brassica Rapa

+ INFO
Somdolilá

Somdolilá

+ INFO