Formulario de busca


Dulce Pontes

Dulce Pontes naceu en 1969 en Montijo, Portugal. Formouse como pianista e comezou a súa carreira como cantante tras participar nunha competición na súa cidade natal con 18 anos. En 1991, ganou o festival nacional de música coa súa canción "Lusitana paixão" (coñecida en inglés como "Tell Me"),  coa que representou a Portugal no Festival de Eurovisión.

Pontes comezou a súa carreira como artista pop convencional, pero ao longo dos anos ten evolucionado ata converterse nunha recoñecida cantante da chamada música do mundo. Combinando o fado tradicional con estilos contemporáneos, descubriu novas formas de expresión musical, gañando un prestixio que a ten levado a colaborar con artistas tan importantes como Cesária Évora, José Carreras, Caetano Veloso, Marisa Monte, Carlos Núñez, The Chieftains, Kepa Junkera, Eleftheria Arvanitaki, George Dalaras e Andrea Bocelli, entre outros. Ese recoñecemento tamén se traduce en premios como o da Videográfica Española e o Micrófono de Oro en España ou o Tenco e o Maria Carta en Italia.



Máis artistas do catálogo

Queralt Lahoz

+ INFO
Deabru Beltzak

Deabru Beltzak

+ INFO
Javi Javichy

Javi Javichy

+ INFO

Rafa Maza

+ INFO