Malevaje naceu á sombra dun local madrileño onde Antonio Bartrina, alma carismática do grupo, entonaba melodías tangueras con extraña paixón. Nos seus 28 anos de traxectoria, con 12 discos no mercado, o grupo ten defendido a inmortalidade do tango modernizando as súas composicións na búsqueda dunha maneira propia de cantar os sentimentos de sempre pero sen esquecer nunca o respecto absoluto ás raíces do xénero.