Formulario de busca

Yllana + Prímital Bros



*Premio Avignon 2019

*Premio do Público da XXXVII Mostra de Teatro de Cangas 2020

Unha nova suma de talentos da prestixiosa compañía Yllana, nacida en 1991 como compañía de teatro de humor xestual, e que na actualidade diversificou a súa actividade ofrecendo distintas propostas no mundo das artes escénicas e do audiovisual. Nesta ocasión súmase a Santi Ibarretxe (Bilbao, 1964), compositor, saxofonista, frautista, cantante e excompoñente do grupo Oskorri. Educado entre o clásico e o jazz, licénciase no Conservatorio Rítmico de Copenhague, onde profunda no jazz e en sons moi heteroxéneos. Esa heteroxeneidade déixase ver logo da súa volta a España, cando se afinca en Madrid e traballa con artistas da relevancia de Antonio Vega, Jorge Pardo, Miguel Ríos, Miguel Bosé, Víctor Manuel e Ana Belén, Carmen París, Víctor Monje "Serranito", Estopa, Perico Sambeat, Bob Rockwell, El Gran Wyoming, La Shica ou Chano Domínguez, ademais de ser o padriño do grupo Prímital e a compañía Prímital Bros, que é a que nos ocupa aquí como parte desta colaboración.

Prímital é un concepto artístico que a través dos sons onomatopeicos crea toda unha sub-cultura que conecta coa psicoloxía humana no seu lado máis puro. Mentres Ibarretxe continúa compondo bandas sonoras, teatro e televisión, segue dando forma ao seu soño: Prímital. Na súa discografía figuran Prímital (Novos Medios, 2004) e Prímital Bells (Vaso Music, 2009).



Máis artistas do catálogo

Acordeireta

Acordeireta

+ INFO
Sergio Pazos

Sergio Pazos

+ INFO

Leti da Taberna

+ INFO
Pallasos en Rebeldía

Pallasos en Rebeldía

+ INFO