Formulario de busca

Mestre ma non troppo Bandullo Azul


Ficha artística

Elenco: Fran Campos
Dirección: Fran Ameixeiras
Xéneros: Teatro, comedia, clown, música
Duración: 50 min
Público: Público Familiar
Tipo espectáculo: Familiar

Dossier Kit de descarga


Próximas actuacións


Mestre ma non troppo é unha comedia triste, un sorriso acedo que nos acompaña de volta á casa convidándonos a pensar sobre a nosa propia actuación e sobre as nosas metas. Na sociedade dos “talent show”, que estimula a competitividade desde idades temperás coma “modus operandi” está mal visto ser un perdedor. Ninguén nos educa para asumir a derrota o que xera en nós un mecanismo de defensa que nos impide recoñecer os nosos erros e limitacións. Un mestre da guitarra. A presión por ser o mellor. Expectativas non cumpridas. Este é un espectáculo centrado na poética do fracaso. Unha comedia triste que rompe unha lanza por aqueles xoguetes rotos que nunca gañaron o corazón do público, que nunca acadaron ese oco na Gran Final e aos que a vida ou o Risto de turno nunca lles concederon unha ocasión para a repesca. Son os perdedores natos. Aos que nin o halo romántico que sempre envolve aos fracasados, lles reporta o consolo da compaixón allea.

Ler máis


Máis espectáculos

A Trastenda dos Contos

+ INFO

A historia de Brancaflor

+ INFO

As viaxes de Filipa

+ INFO

Filipa cos contos

+ INFO