Unha programación cultural por e para o respecto da contorna e dunha vida en sintonía con ela é o Terractiva. O Festival das artes pola biodiversidade xunto coa Feira ecolóxica e as demais actividades desta proposta convértena en única en Galicia. Despois de varias edicións no Concello de Arzúa, Terractiva vai máis alá dunha feira ecolóxica: Terractiva quere ser un lugar de encontro das diferentes artes, comprometidas co respecto ao medio.
Máis información acerca de TERRACTIVA.