Formulario de busca

NOVAS

Festaclown Vilagarcía 2019

O FESTACLOWN xorde da semente que alimenta o Festiclown, un festival con 20 anos de historia e unha forma de ser e de entender o mundo a través do clown, unha escola onde ensinar e onde aprender.
O Festiclown é unha referencia global do humor solidario que se converteu no primeiro festival de circo do mundo árabe, celebrado en Palestina, e que xa vai pola VI edición e a onde voltaremos en 2019.

PROGRAMACIÓN DE MÁXIMA CALIDADE. Festaclown chega cunha programación de máximo nivel con compañías como os andaluces Vol´e Temps, co mellor espectáculo circense do ano, merecedor de premios como o Fetén 2019 ou os premio Lorca 2019. Ademais estará "Miguelillo", condutor do programa de TV "Un país mágico" e outros representantes do mellor do estado sen esquecer ás compañías máis destacadas do momento en Galicia
ALMA ITINERANTE. O Festaclown expande a súa programación ás parroquias de Vilagarcía. Comeza en Carril o 26 de xullo coa actuación, da compañía AsSircópatas, "Rogelio: Un pallaso en recuperación", que estará tamén o día 8 de agosto en Guillán.
O Sixto e Cornazo recibirán a Isla Letriska, co espectáculo "Letriska Inmobile" o 11 de agosto.
SENTIR SOLIDARIO. Vilagarcía gozará dun amplo apartado social con actividades como a xincana pola igualdade, a cargo do Soño de Lilith e Arousa Moza, a xa tradicional actividade de Pallasos en Rebeldía cos nenos e nenas do campamento, unha actuación do clown Rudi Dudi no Centro LAR de saúde mental, a charla de Leo Bassi "El Teatro como herramienta política"...
O RISO COMO OBXECTIVO. O Certame Intergaláctico é un clásico do festival onde o público vota os espectáculos para decidir así o mellor do ano. Nesta edición preséntanse Crunch!, ca Cía Muu, C´est pas possible, da Cía Sempre arriba, O Concerto Con Fusión, da compañía Píscore (merecedora do premio no 2017), O espectáculo Alquimia do Mago Teto, e o espectáculo Atempo da Cía Vaya
 
 

CORAZÓN DE BUFÓN. O Formaclown busca expandir a sabedoría do riso e dos bufóns ofrecendo unha oportunidade aos que queiran implementar técnicas bufonescas á súa vida ou ás súas artes. Leo Bassi impartirá un taller de Bufón os días 19 e 20 de agosto no Auditorio Municipal de 10 a 13h e de 16 a 19h. Para inscribirse: info@festiclown.org

O HUMOR MÁIS POLÍTICO ESTÁ DE ESTREA. Leo Bassi estrea en Galicia "Yo, Mussolini", onde mestura o humor, provocación sinxela e reflexión profunda sobre a manipulación política. Un achegamento ao pasado que nos coloca nun presente no que a extrema dereita está entrando nos parlamentos de Europa, Estados Unidos, Brasil... Unha obra provocadora e divertida chea de optimismo e ganas de "Risistir!"
A obra será o 21 de agosto no Auditorio Municipal, a entrada pode mercarse xa
 

www.festiclown.org

 

PRÓXIMAS ACTUACIÓNS

As Alumnas

A Coruña

30-03-2024

20:00


Puro inferno

Tui

30-03-2024

22:00


Via Morta

Vilalba

31-03-2024

Horario pendente de confirmación


Dúo Vaguedades

A Coruña

04-04-2024

18:30


Galifunk

Ponferrada

05-04-2024

19:30


Molto Barroco

Vigo

06-04-2024

17:30


Via Morta

Muros

06-04-2024

20:30




MÁIS NOVAS EN CULTURACTIVA.ORG