Formulario de busca

NOVAS

Mercedes Peón estrea o agardado espectáculo OSMOSE!

Osmose é unha peza híbrida de música, audiovisual e performance que se estreará o 26 de novembro ás 20:30h no Teatro Rosalía (A Coruña), tras dúas exitosas preestreas en Madrid (Teatro Conde Duque) e Barcelona (Festival TNT).

Osmose é unha pregunta escénica canalizada a través da música e as súas corporalidades. Plantéxase un espazo de relación entre o imaxinario de creación colectiva con imaxinarios atravesados polo capital. Relación entre elementos, sistema que filtra corpos incorporados á producción. Corpos sen xénero distribuidos no binarismo de poder e subalternidade.

 

A peza está participada e atravesada pola obra Nación, de Margarita Ledo, en diálogo coa intervención visual de Peque Varela, en diálogo, tamén, co traballo lumínico e escénico de Laura Iturralde.

O universo creativo de Mercedes Peón combina artesanía musical e vangarda mentres mantén o seu discurso, sempre social e feminista. A súa música achega unha variedade compositiva que arrinca desde a polirritmia, baixo a mirada dos ritmos máis ancestrais, culminan en temas eclécticos e descaradamente vibrantes. O seu amplo repertorio, e a enerxía que se apodera de cada unha das súas actuacións, fan desta muller unha figura fundamental da escena etnocontemporánea en Europa.  Unha performance audiovisual para teatros e auditorios cargada de música, emoción e todo o universo de Mercedes Peón en escena.

 

 

PRÓXIMAS ACTUACIÓNS

A historia de Brancaflor en Lalín

Lalín
08-12-2021
17:00

Asdomare en Mugardos

Mugardos
10-12-2021
11:30

Alba Grande en Cerceda

Cerceda
10-12-2021
Horario pendente de confirmación

O conto de Barriga Verde en Carnota

Carnota
10-12-2021
18:30

Conexión Pingüin en A Coruña

A Coruña
10-12-2021
20:30

Greenpiss en Ferrol

Ferrol
10-12-2021
20:30

Rilo & Penadique en Carnota

Carnota
11-12-2021
Horario pendente de confirmación



MÁIS NOVAS EN CULTURACTIVA.ORG