Formulario de busca



Premio Martín Códax 2020 na Categoría de Pop Indie

Premio á Promoción da Realidade Plurilingüe do Estado español

Premio Martín Códax 2016 a Mellor artista de canción de autor

Guadi Galego é unha das artistas máis relevantes da escena galega actual, froito dunha andaina musical que comezou sendo moi nova. En 1997 entra en Berrogüetto como vocalista, pianista e gaiteira, e grava con eles tres discos. Viaxe por Urticaria (1999) e Hepta (2001) foron calorosamente recibidos pola crítica e obxecto de varios premios e recoñecementos (entre eles o de Mellor Grupo Folk Europeo de 2000 e unha candidatura aos Grammy Latinos de 2002). Seguiunos 10.0 (2006), que acadou o segundo Premio Opinión a Mellor Disco Galego do ano e foi candidato aos Premios da Música co seu tema “Xente”. Para daquela Guadi xa comezaba a experimentar con diversas sonoridades en formacións como o seu proxecto máis íntimo e persoal, Espido (con Guillerme Fernández) ou Nordestin@s (con Abe Rábade e Ugia Pedreira), ambas tamén galardoadas co Premio a Mellor Disco Galego.

Finalmente, no 2009 sae á luz Benzón, álbum aclamado pola crítica galega e española co que inicia a súa carreira en solitario, sen deixar de participar noutros proxectos. Así, no ano 2012 sae o disco aCadaCanto, proxecto intimista onde traballa unha vez máis con Guillerme Fernández, acompañada tamén por Xabier Díaz na voz e Xosé Lois Romero no acordeón. No 2014 ve a luz o seu segundo traballo en solitario, Lúas de outubro e agosto, e no 2016, ano en que acada o Premio Martín Códax da Música á Mellor Artista na categoría de Canción de Autor, sae o terceiro, O mundo está parado. Este disco viaxa do persoal á reflexión colectiva sobre cuestións como a identidade e a coherencia, elaborando unha sonoridade envolvente con arrecendo pop que reapareceu no EP Bóla de cristal (2018). En 2019 publicou Immersion, unha relectura musical e lingüística das súas obras máis recentes que lle valeu o Premio á Promoción da Realidade Plurilingüe do Estado español. Por último, en 2020 viu a luz Costuras, un álbum que aúna 10 cancións de Guadi Galego e Carlos Abal onde a autora amosase tal como é.

Promoción e difusión de GUADI GALEGO coa xira ROIBÉN que favorezcan a recuperación económica do sector ao abeiro do programa Hub da Industria Creativa Galega. Operación financiada pola Unión Europea, a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER), como parte da resposta da Unión á pandemia da COVID-19.



Máis artistas do catálogo

Magalí Sare

Magalí Sare

+ INFO
Sergio Pazos

Sergio Pazos

+ INFO

Ana Tijoux

+ INFO
Compañía Adrián Conde

Compañía Adrián Conde

+ INFO