NOVAS
Sinfonía Máxica, o novo espectáculo do Mago Teto! 13-03-2024
O Mago Teto estrea un novo espectáculo en gran formato, xunto coa Banda de Música de Salcedo. Trátase de Sinfonía Máxica, un espectáculo dirixido a público familiar, que se presentará por primeira vez no Auditorio do Pazo da Cultura de Pontevedra, no marco do Salón do Libro Infantil e Xuvenil.
O segundo obradoiro para intérpretes con discapacidade deu remate a pasada fin de semana na Cidade da Cultura. Esta iniciativa de Culturactiva e o Centro Dramático Galego constitúe un proceso de formación escénica pioneiro e único na escena galega, ao propoñer un espazo de reflexión e traballo sobre como se inclúe e se trata a cuestión da diversidade funcional nas artes en xeral, e no teatro en particular. O obradoiro estivo dirixido a intérpretes con discapacidade.
A Orquestra Bravú Xangai estrea este sábado un novo disco que fará bailar ata ao sol 29-02-2024
O 2 de marzo a Orquestra Bravú Xangai presenta novo disco, ‘Os saxofóns de Occidente’. Dezaoito temas de puro sabor bravú mesturado coa tradición orquestral do metal galego e as formas da música popular. O concerto presentación terá lugar na Sala Garufa da Coruña este sábado ás 22 horas.
As alumnas represéntase en Pontevedra no marco do Salón do Libro Infantil e Xuvenil 26-02-2024
As alumnas chegan o 27 de febreiro, ás 21h, ao Teatro Principal de Pontevedra nunha representación que se enmarca na programación do Salón do Libro Infantil e Xuvenil. A obra, escrita por Paula Carballeira e dirixida por Fina Calleja, chegará tamén no mes de marzo a Carballo, o día 1, Valdoviño, o día 8, Santiago de Compostela, o día 22 e A Coruña, o 30 de marzo.
A Coruña acollerá o 13 de marzo, a partir das 20.30 horas, unha gala solidaria en favor do pobo palestino no Teatro Rosalía de Castro. Este evento solidario reunirá unha decena de artistas do ámbito da música e as artes escénicas. As Fillas de Cassandra compartirán escenario coas propostas escénicas de Touriñán, Dani García, Sahar Shatat e Iván Prado, xunto cos artistas coruñeses Sue Moreno, Alfredo Muíño e Xurxo Fernandes.