A Orquestra Bravú Xangai, entre os músicos que festexarán o 50 Aniversario da Facultade de Filoloxía
O mestre de mestres, Xurxo Souto, estará actuando coa súa banda, a Orquestra Bravú Xangai, no Auditorio de Galicia o vindeiro 26 de febrero, ás 20 horas. Co motivo do 50 aniversario da Facultade de Filoloxía, reunirase un bo feixe de músicas e músicos vinculados á Facultade, que repasaran as últimas cinco décadas da música galega, baixo o lema 'Scripta manent, verba volant'.
Coordinado por Xurxo Souto, cantante e autor de 'Somos un pobo de artistas: o método Luísa Villalta', participarán artistas galegas/os que estudaron na Facultade de Filoloxía como Carlos Valcárcel (Projecto Mourente); César Morán; Pauliña; Samuel Solleiro, Miguel Mosqueira e Álex Charlón (filólogos de Ataque Escampe); Eladio Santos; Laura Lamontagne ou Antón Reixa, entre outros.