Quinkillada actuará con Buhos na sala Razmatazz diante de 2.000 persoas
- O concerto na Sala Razmatazz de Barcelona é o vindeiro 15 de marzo e as entradas xa están esgotadas.
Quinkillada arranca o 2025 coa nova xira, ‘Paso a pas’. Un novo espectáculo que levará o vindeiro 15 de marzo á sala Razmatazz de Barcelona por vez primeira, compartindo cartel con Buhos, unha das bandas de rock festivo máis relevantes da escena catalana. A sala xa anunciou o Sold Out.
Tras tres anos de percorrido polos escenarios e festivais de toda Galicia, a formación de Yago Graña, Rubén Valverde, Víctor Gómez, Daniel Acuña, Hector Lorenzo, Jesús Porto e Daniel González pecha a etapa de ‘Puro Inferno’ para dar a benvida a ‘Paso a pas’. Trátase dun novo espectáculo de música festiva e de verbena que xa convocou a un numeroso público na Sala Capitol de Compostela, onde tamén compartiron cartel coa banda de Calafell, Buhos, e que agora aterrará por primeira vez na cidade condal, o que supón un salto na carreira da banda do Morrazo, que agora amplía as fronteiras da súa música.