Pallasos en Rebeldía presenta Check Point Clown, un espectáculo multidisciplinar que combina clown, maxia e circo con solidaridade e compromiso. Unha produción que reflexa á perfección o traballo que, no campo da cooperación internacional a través das artes, desenvolve esta entidade por todo o mundo dende fai máis de quince anos.
Un CHECK POINT instálase na túa cidade, nunha das súas prazas, no teatro, no colexio, en calquera das súas rúas. Pero toda a utopía do circo e a forza da liberdade do clown consiguen, de maneira máxica, tumbar o muro, desalambrar o valo e desfacer as fronteiras que nos separan.
Ler máis