Celebramos o Día da Música renovando a nosa playlist GALICIA EN GALEGO
Non hai mellor forma de celebrar o Día da Música 2021 que con música galega. Por iso renovamos a nosa playlist de Spotify GALICIA EN GALEGO, onde atoparás o mellor de artistas como Guadi Galego, Mercedes Peón, Leilía, Os amigos dos Músicos, O Sonoro Maxín, Secho, Baiuca, Tanxugueiras, Boyanka Kostova, Sés, Uxía, Verto, Xisco Feijóo, Xoel López, Talabarte, Caxade, Os d'abaixo e moito máis!
E como a música, a nosa lista de Spotify está viva, cambia, evolúe. Por iso queremos que nos mandedes as vosas ideas de cancións que vos gustaría engadir no repertorio, para conseguir que sexa o máis completo posible.
Subscríbete aquí: https://open.spotify.com/playlist/6QVOgciuxiDHV5tb7SNVVk