Formulario de busca

NOVAS

O Concello da Coruña e a Fundación Emalcsa presentan a quinta edición do FESTIGUAL

Esta mañá presentouse a quinta edición do Festival de Artes pola Inclusión Cultural, FESTIGUAL, unha iniciativa da Fundación Emalcsa desenvolvida co Concello da Coruña. A concelleira de Benestar Social, Participación e Igualdade, Yoya Neira, foi a encargada de presentar o acto. Como representantes das entidades participantes do festival asistiron Felipe Alonso, fundador de Nos Why Not e Rebeca Ponte, especialista en artes terapéuticas. Ademais, inaugurouse a exposición das fotografías gañadoras do concurso fotográfico de Festigual, que este ano se celebrará de novo.

Despois dun 2020 marcado pola pandemia este ano o Festigual volve a tomar os espazos culturais e a vida da cidade coa edición máis ambiciosa, que arranca este martes un mes de programación na que moitas persoas e asociacións levan máis dun curso traballando.

Este 2021 participarán ademais compañías de recoñecido prestixio como a Orquesta Basket Beat (Cataluña) ou a Fundación DISA (Canarias), coa vontade de coñecer o que se fai noutros puntos do Estado e abrir aínda máis o FESTIGUAL. Contaremos tamén coa compañía galega Redrum, que este mesmo martes presenta a súa obra feminista Invisibles, e pecharemos o festival por todo o alto cunha actuación das eurovisivas Tanxugueiras.

O Festigual é un escaparate imprescindible para que todo ese traballo de fondo, de ensaios e procesos creativos que conleva calquera actividade artística, se expoña ante o grande público. Na presentación, a concelleira e Vicepresidenta da Fundación Emalcsa, Yoya Neira tamén destacou a importancia de ter presenza nas rúas con "Unha mirada dende a diversidade", a exposición de Nós Why Not, a primeira axencia fotográfica de persoas con diversidade intelectual.

PRÓXIMAS ACTUACIÓNS

A historia de Brancaflor en Lalín

Lalín
08-12-2021
17:00

Asdomare en Mugardos

Mugardos
10-12-2021
11:30

Alba Grande en Cerceda

Cerceda
10-12-2021
Horario pendente de confirmación

O conto de Barriga Verde en Carnota

Carnota
10-12-2021
18:30

Conexión Pingüin en A Coruña

A Coruña
10-12-2021
20:30

Greenpiss en Ferrol

Ferrol
10-12-2021
20:30

Rilo & Penadique en Carnota

Carnota
11-12-2021
Horario pendente de confirmación



MÁIS NOVAS EN CULTURACTIVA.ORG