Rosalía, seleccionada en FETEN 2021
A obra Rosalía de Culturactiva Producións foi seleccionada en FETEN 2021, a feira de teatro infantil e xuvenil máis importante do Estado. Culturactiva Producións convírtese así na única compañía galega en participar nesta edición, que se celebrará do 9 ao 14 de maio en Xixón.
A peza, dirixida por Fina Calleja, fala da infancia de Rosalía de Castro, que antes de ser poeta foi unha nena alegre, forte e curiosa. Trátase dun espectáculo necesario no que os nenos e as nenas descubren a infancia de Rosalía, unha etapa da súa vida a miúdo esquecida nas biografías que se fixeron dela.
Para celebralo lanzamos un xogo nas nosas redes!
En Culturactiva Producións queremos celebrar a nosa participación en FETEN por todo o alto, por iso hoxe lanzamos o xogo "Tralos pasos de Rosalía", no que agochamos poemas en varias localizacións de Galicia relacionadas coa vida e obra da poeta. A xente que queira participar deberá seguir as pistas que iremos colgango nas nosas redes sociais, atopar os poemas e subir unha foto deles co hashtasg #RosalíaEsFETEN en Instagram ou Facebook para gañar un pack de agasallos de Rosalía!