Formulario de busca

NOVAS

A estrea FOOT encheu de emocións o FIOT en Carballo!

Fran Rei meteuse na pel dun futbolista palestino para contar o imposible camiño do seu equipo para clasificar á Copa Mundial, superando contróis militares, exilio corrupción e morte. Un espectáculo que ensinou experiencias reais da historia palestina e sensibilizou ao público coas situacións reais que viven os pobos oprimidos.

 

 

Ismail Khalidi naceu en Beirut de pais palestinos e foi criado en Chicago. É un dramaturgo e director que escribiu, dirixiu, interpretou, comisariou e ensinou internacionalmente. A súa obra aborda a historia de Palestina e o moderno Oriente Medio, así como temas transversais como a raza, o colonialismo e a guerra.

Iván Prado é un dos maiores expoñentes actuais do circo solidario a nivel internacional. Actor, director de clown, formador teatral e de risoterapia e defensor dos Dereitos Humanos. Nos últimos anos os seus proxectos supuxeron un revulsivo sen precedentes en territorios como as Favelas do Brasil, os campamentos de refuxiados/as no Sáhara ou Gaza.

Fran Rei é autor de guións, director teatral e actor cómico especialista en clown. Ten participado en máis dunha vintena de espectáculos teatrais e tamén ten experiencia no mundo da televisión. Formou, xunto a Pedro Brandariz, duas parellas cómicas: O Gordo e o Calvo e Os Ramistas.

Pallasos en Rebeldía é unha asociación Internacional de Cooperación e Cultura basada sobre a crenza de que a alegría e a risa poden ser transformadoras. É un espazo artístico de solidariedade internacional, transformación política e fraternidade entre os pobos. Exprésase a través das artes do clown e do circo defendendo o fin da ocupación sionista e o terror en Palestina. Tamén acompañan ao pobo saharauí no seu retorno ao Sáhara libre e forman parte do movemento de solidariedade coa revolución zapatista en México.

 

 

 

Pallasos en Rebeldía encargóuse de levar FOOT a Carballo para concluír un éxito desta experiencia grazas ao compromiso do público.

Grazas a todas por vir!!

 

 

PRÓXIMAS ACTUACIÓNS

O Conto de Barraiga Verde en Camariñas

Camariñas
21-10-2021
Horario pendente de confirmación

Bravas na Sala Ártika de Pontevedra

Pontevedra
22-10-2021
Horario pendente de confirmación

Senda sobre ruedas en Ourense

Ourense
22-10-2021
21:00

Quixote en Oroso

Oroso
23-10-2021
Horario pendente de confirmación

Mago Teto en Verín

Verín
24-10-2021
Horario pendente de confirmación

Mar nuestro en Yecla

Yecla
29-10-2021
Horario pendente de confirmación

Lázaro de Tormes en Lezo

Lezo, Euskadi
29-10-2021
Horario pendente de confirmación



MÁIS NOVAS EN CULTURACTIVA.ORG