Formulario de busca

Mago Teto


O debut do Mago Teto tivo lugar o Día das Letras Galegas de 1992. Nese 17 de maio subía ao escenario do seu instituto de Viana do Bolo para sorprender aos seus compañeiros. Catro anos despois, chegaba o despegue profesional con A maxia dos soños. Desde a estrea dese primeiro espectáculo en 1996, con tan só 19 anos, o Mago Teto foise convertendo nun dos ilusionistas máis veteranos e relevantes en Galicia. Habitual na televisión desde os seus comezos, goza dun gran recoñecemento por parte do público. Os seus espectáculos adáptanse a calquera tipo de escenario, da rúa ás salas, pasando por grandes teatros. No seu repertorio combínanse así deseños para espazos reducidos con outros de gran formato, outorgándolles aos seus trucos un amplo abano de posibilidades. Tolemaxias, Perto de ti ou O afiador son algúns dos seus shows clásicos.



Máis artistas do catálogo

La Banda

+ INFO
Judit Neddermann

Judit Neddermann

+ INFO

Leti da Taberna

+ INFO
Amparanoia

Amparanoia

+ INFO