Alquimia
Ficha artística
Sinopse
Durante milleiros de anos, os alquimistas, nómades con grandes coñecementos nas matemáticas, na física, na química, na astroloxía e incluso no ocultismo, viaxaron cos seus laboratorios ambulantes por todos os lugares do mundo cun obxectivo concreto: atopar a Pedra Filosofal.
O soño dos alquimistas era dominar a natureza, o lume, e finalmente o tempo. Os alquimistas crían que a pedra filosofal podería concederlles tanto a cura de todas as enfermidades para gozar da vida eterna como a riqueza, co poder de transformar metais en ouro. Cando conseguían estes logros, coñecíase como “A Grande Obra”.
Nesta nova aventura, o Mago Teto, tras varios anos estudando, experimentando e intentando descifrar a estraña simboloxía dos libros sobre alquimia, busca a pedra filosofal; non para conseguir a riqueza e a vida eterna, senón a alquimia que está dirixida ao corazón: a felicidade! A felicidade do público e a do propio mago, para así lograr a súa propia “Grande Obra”. A auga, a terra, o lume e o aire farán posible esta nova andanza do Mago Teto!