
Quinkillada
Quinkillada
Bio
A Quinkillada é a sinerxia entre a maxia da verbena galega e a forza dun festival. A banda nace no 2020 en Santomé de Piñeiro, unha pequena parroquia de Marín na que conflúen os...A Quinkillada é a sinerxia entre a maxia da verbena galega e a forza dun festival. A banda nace no 2020 en Santomé de Piñeiro, unha pequena parroquia de Marín na que conflúen os ingredientes necesarios para emular a calor dunha gran queimada cargada da forza da cumbia, o ska e o rock en galego. Da versión de temas coñecidos deron o paso á composición de temas propios, e logo de catro anos percorrendo os escenarios de toda Galicia, con máis de 80 concertos ás súas costas, a banda do Morrazo amplía as fronteiras da súa música para chegar a novos territorios.
A flexibilidade e variedade da súa proposta fai que a Quinkillada sexa a opción perfecta para festivais e mesmo para verbenas e torreiros da festa. Os seus directos conquistan a todo tipo de públicos; non hai quen se resista á súa chamada á festa.