Paso a Pas
Ficha artística
- Rubén Varlverde – Voz
- Daniel Acuña – Voz e Guitarra
- Victor Gómez – Guitarra
- Yago Graña – Baixo
- Jesús Porto – Acordeón e Percusión
- Daniel González – Trombón
- Héctor Lorenzo – Trompeta
Sinopse
Paso a Pas é a nova proposta da Quinkillada, unha xira que amosa a forza renovada de Mortal Cumbia, coa que rescatan os temas máis destacables de Gozar, Sentir, Bailar. Un repertorio no que se mesturan unha boa dose de cumbia coa frescura dos ritmos latinos e a enerxía do rock, o ska e as bases electrónicas para conformar un elixir irresistible.
Neste novo espectáculo, Quinkillada aposta por renovar a súa posta en escena, coidando a iluminación e a estética dos seus directos para facer da súa proposta un enorme convite á festa, coherente no visual e no musical. Paso a Pas é tamén unha aposta por exportar a verbena galega a novas salas e territorios, como a histórica Razmatazz de Barcelona, compartindo cartel con Buhos, unha das bandas de rock festivo máis relevantes da escena catalana.
A flexibilidade da proposta da Quinkillada, e a enerxía dos seus directos, fai que sexa a opción perfecta para festivais e mesmo para verbenas e torreiros da festa.