Presentamos o catálogo da Deputación da Coruña
Xa temos o catálogo de Culturactiva para a Rede Cultural da Deputación da Coruña 2017, cunha chea de propostas de artes escénicas, música e, como novidade este ano, audiovisual, xa que se incorpora o programa "Visións".
Así, entre as propostas de artes escénicas temos para todos os gustos: circo, maxia, contacontos, monicreques, espectáculos para interior e para rúa, teatro infantil e para público adulto, monólogos, narración oral... Destacan o clown e outras disciplinas circenses, pero o mellor é botar un ollo ao catálogo nas súas diferentes seccións.
Cabe salientar que este ano, para a nova sección audiovisual desta Rede, "Visións", temos as propostas da produtora Boneca Lareta, coa que colaboramos longo tempo en materia de artes escénicas e que ten tamén dous interesantes documentais cinematográficos.
Por último, na parte de música temos grandes bandas e artistas para os escenarios do país, mais tamén unhas cantas propostas para a rúa, que é onde mellor chegamos a todo o público. Estas propostas poden combinarse entre si como máis axeitado resulte para a programación de cada concello. En breve se abrirá o prazo para contratar espectáculos, así que convidámosvos a botarlle un ollo!