Formulario de busca


Ficha artística

Elenco: Anabell Gago e Mónica Camaño
Dirección: Fina Calleja
Xéneros: Teatro
Duración: 75 minutos
Público: Adulto
Tipo espectáculo: Adulto
Texto: Paula Carballeira
Vestiario: La Canalla
Escenografía: Carlos Domínguez del Río

Dossier


Próximas actuacións


Dirixido a un público adulto, trata sobre a figura da pedagoga galega María Barbeito e sobre como o franquismo significou un enorme retroceso na educación do Estado, especialmente para as mulleres. A educación, peza fundamental no desenvolvemento e na liberdade das persoas, especialmente das mulleres, é o eixo fundamental da obra. As dúas personaxes femininas representan dous casos concretos de mulleres no marco histórico anterior e posterior á Guerra Civil, que nos levan a tocar as transformacións sociais do momento.

As Alumnas busca facer un exercicio de reapropiación da realidade colectiva e individual, que se opoña ao relato hexemónico, para reconstruír a memoria e espazos imaxinarios da nosa comunidade, creándose así un acto ético/ estético que se complementa coa participación de espectadores activos

Ler máis


Máis espectáculos

Bravas

+ INFO

Conexión Pingüin

+ INFO

O pozo das señoras

+ INFO

4.0

+ INFO