Castelao
Ficha artística
Sinopse
Castelao é unha figura capital da historia das artes en Galicia e non contaba ata agora cunha proposta escénica para a infancia. A obra, dirixida por Fina Calleja, presenta un Castelao de 8 anos na súa vila natal, divertido, ledo e aventureiro, que busca interactuar coa audiencia en todo momento.
Culturactiva Producións propón unha montaxe de ritmo trepidante. A tensión dramática desta peza cabalga sobre o lombo dunha persecución polas rúas de Rianxo nas horas previas á partida de Daniel cara a Arxentina. Da man de Baltasara, comezará un percorrido emocionante, condicionado pola urxencia e a inminencia da viaxe. Durante o espectáculo, protagonizado por Mónica Caamaño e Cris Collazo, Castelao debe resolver co seu enxeño e dialéctica os misterios da vila mariñeira.