Celestina, la tragiclownmedia
Ficha artística
Música orixinal: Juan Carlos Rey
Deseño e realización de iluminación: Gustavo González
Vestiario: Iluminada Martín
Deseño gráfico: Isaac Gutiérrez
Fotografía: Jesús I. Clemente, Rocío Gallardo
Sinopse
Celestina: la tragiclownmedia é unha proposta a ritmo de comedia do gran clásico da literatura española que engarza o destino de Calisto e Melibea.
A desigualdade de clases, personificada na corrompida lealdade dos criados e unha Celestina alcaiota que utiliza a desventura e o sufrimento dos amos para enriquecerse, o retrato do ser humano na súa ansia de poder e de diñeiro e a súa consecuente viaxe cara un fatídico desenlace. Un espectáculo que mostra as altas e baixas emocións humanas ao fío da música que marcan os corazóns dos seus personaxes.
Unha visión da Celestina con grandes doses de teatro xestual, danza e, por suposto, circo: malabares, portés, acrobacias e humor... moito humor.