DistanS
Ficha artística
-
Dirección músical: Lapso Producións
-
Música orixinal: Daniel Maldonado “Sam”
-
Escenografía: Carlos Monzón
Sinopse
DistanS é unha gran peza con multitude de premios e mencións que pasou polas mellores programacións. Un espectáculo imprescindible que destaca pola súa excelencia técnica, escenográfica, acrobática, humorística... Unha verdadeira delicia e non te podes perder.
Un pacto, un código secreto, unha cápsula do tempo, unha promesa... Dentro de vinte anos no mesmo sitio á mesma hora. A vella casa da árbore onde os dous amigos compartían as súas tardes de ocio entre xogos, risas, fantasías e complicidade. O tempo pasa e a distancia é inevitable pero non ten que supor o esquecemento. Como dicía a canción, vinte anos non é nada... E estes dous personaxes atoparon a forma de poder seguir xuntos na distancia aínda que a vida os leve por camiños diferentes. DistanS é unha viaxe a través das emocións, nun espazo visual e sonoro que envolve escenas de circo acrobático e teatro xestual que conforman un espectáculo orgánico, sensible e divertido. Unha obra que fala da amizade, dos recordos que seguen vivos nos nosos corazóns máis aló dos anos. Fala da fraxilidade do ser humano, da ruptura, da soidade, e do amor capaz de rexenerar e reconstruír as nosas relacións cos demais.