Historias de un baúl
Ficha artística
Elenco espectáculo
Mailen Mansilla e Luciano Mezzotero
Dirección
Txefo Rodríguez
Duración minutos
55min
Sinopse
Historias de un Baúl, é a historia de Fidel e Capulita. Dous entrañables personaxes, viaxeiros, circenses, soñadores e compañeiros que van pola vida cun antigo Baúl ao lombo. Sempre dispo...
Historias de un Baúl, é a historia de Fidel e Capulita. Dous entrañables personaxes, viaxeiros, circenses, soñadores e compañeiros que van pola vida cun antigo Baúl ao lombo. Sempre dispostos, preparados para o grande momento de atopar un novo público ao que abraiar e divertir.
Pelotas de malabares, aros hula hoops, un baúl onde acontecen numerosas acrobacias e un número participativo constitúen as escenas deste orixinal espectáculo. A través de simples situacións as técnicas de circo e o teatro fusiónanse nunha posta en escea dinámica e divertida para toda a familia.