Malabarabilidades
Ficha artística
Sinopse
O xove Fran Boza conta cunha dilatada traxectoria como malabrista en diversos circos. Aos 14 anos xa estaba a presentar números en carpas portuguesas, galegas e do resto do estado. Ao longo destes anos, tamén ten participado regularmente en xiras internacionais.
En xuño de 2022 estrea o seu primeiro espectáculo, dirixido por Fran Rei e producido por Culturactiva: Malabarabilidades. Neste show amosa a súa destreza con bólas, mazas, rulo americano e mesmo un maxestuoso número de rebote.
Fran Boza presenta en Malabarabilidades un posto de tiro e convida ao público a probar a súa puntería a cambio de suculentos premios. Pero as cousas non van como estaban previstas e, a partir de aí, desencadéase un divertido espectáculo cheo de humor, participación do público e destrezas malabares de todo tipo.