O pozo das señoras
Ficha artística
Elenco espectáculo
Vero Rilo, Sonsoles Penadique
Dirección
Vero Rilo, Sonsoles Penadique
Duración minutos
50min
Sinopse
É un feixe de historias de recollida, tradicionais e de autor xunto con coplas tradicionais, romances e composicións propias. Con esta proposta queremos achegarnos ás mulleres do noso ima...
É un feixe de historias de recollida, tradicionais e de autor xunto con coplas tradicionais, romances e composicións propias. Con esta proposta queremos achegarnos ás mulleres do noso imaxinario, da nosa vida: lavandeiras da noite, lavandeiras de oficio e de sacrificio, pieiras que coidan dos lobos e bruxas cos dentes de ferro...
Cun marcado compoñente de xénero, este espectáculo leva rodando dende 2017 por teatros, auditorios, casas da cultura, lavadoiros, fontes de todo o país. E grazas a vós non paramos de recoller alegrías!