Tavole
Ficha artística
- Escenografía: Jose Luis Canete
- Vestiario: Estudio 14
- Apoio na creación: Centro artístico ZAWP
- Acompañamento na produción: Artaide
Sinopse
Levantarse có pé esquerdo, significa que todo vai ir mellor... claro que peor é imposible.
Tavole é un espectáculo que xira en torno a 2 personaxes, un ritmo vertixinoso e un montón de mesas, que os levará a situacións tan cotiás como surrealistas onde aparece a acrobacia, as técnicas aéreas, a maxia e o humor. Moitas situacións cotiás da vida acontecen arredor dunha mesa, pero a velocidade do día a día, o ritmo de vida, o estrés, que non te deixa sentarse a unha mesa a pensar e reflexionar, é ahí cando as cousas máis sinxelas da vida pódense complicar, cousas como sair de casa sen roupa, ou que as mesas se revelen!
Unha loca e divertida aventura para todos os públicos na que o circo aparece de forma disparatada, a acrobacia, o risco e a sorpresa están presentes, e onde o público será partícipe do xogo para que todo saia ben.Un show cercano, interactivo para o público e divertido no que xogarse a vida é a única opción