#Camiños, unha exitosa estrea no Salón Teatro de Santiago
#Camiños é a nova produción de ButacaZero coa colaboración do CDG que distribuímos dende Culturactiva e todo apunta a que escoitaremos falar moito desta peza durante este ano. A súa estrea o día 25 no Salón Teatro de Santiago de Compostela tivo unha grande acollida.
#Camiños afonda na identidade galega nunha mestura de tradición e modernidade, unha peza de teatro moi físico na que a música folk convive coa electrónica, as bicicletas de spinning coas letras de Castelao, Rosalía ou Manuel María e onde os selfies conviven cos sachos. Un aluvión escénico que fará que os espectadores non poidan ficar indiferentes.