Catálogo Musigal: Non te quedes sen datas, chámanos!
Os concellos da provincia de Pontevedra de menos de 50.000 habitantes poden optar a un máximo de tres actuacións ao longo deste ano 2018 grazas ao Musigal, un programa posto en marcha pola área de Cultura e Lingua da Deputación de Pontevedra. Dende Coperactiva Cultural - Culturactiva queremos facilitar o traballo de todos eles, por iso poñemos á vosa disposición o catálogo máis completo que cubre distintas necesidades, gustos, prezos e requirimentos técnicos. Olla o noso catálogo e chámanos para calquera dúbida!