Despedir unha etapa e unha xira cun novo traballo? Si é posible
Guadi Galego, que fai menos dun mes lanzara polas redes sociais un tema gratuíto para os seus fans, hoxe utiliza o mesmo medio para sacar o videoclip co que anuncia a data na que o EP "Bóla de Cristal" verá a luz.
O día 5 de maio presentará este último traballo no Teatro Jofre de Ferrol, no que dará un concerto de Fin de xira con convidad@s. Un adeus que sabe a benvida, un fin de xira aderezado cun novo traballo para pechar o círculo que se abriu con "Lúas".
VIANA DO BOLO: De balde ata completar aforo