Novo catálogo 2018 Culturactiva SCG
Descubre un catálogo cheo de novidades e sorpresas para todo tipo de públicos.
Culturactiva SCG ten dispoñible o seu catálogo de espectáculos 2018 cargadiño de artes escénicas e música! Este catálogo é só unha pequena mostra da nosa oferta coa que esperamos atender as túas necesidades de programación.
A continuación un pequenísimo resumo de todo o que podes atopar consultando o noso catálogo:
Artes escénicas_Poderás atopar artistas e compañías de gran prestixio e talento do ámbito estatal coma Yllana ou Kanbahiota, internacionais coma Leo Bassi, Okidok ou Mandarina, e por suposto galegos como Baobab Teatro, Píscore, Mago Teto, Luís Iglesia, Butacazero, Serxio Pazos, Isabel Risco ou Desastronauts.
Música_Contamos coas bandas de música máis destacadas do panorama galego e internacional: Guadi Galego, Os Amigos dos Músicos, O Sonoro Maxín, Caxade, Leilía... ou propostas internacionais como Ana Bacalhau, Oquestrada, Zebda, Txarango, etc
Asimesmo dispoñemos, coma sempre, de servizos de asesoramento, produción, comunicación e todo o que precises para a túa programación, actividade ou festival.