O Sonoro Maxín está de aniversario!! para celebralo concertos no entroido e xira por salas.
O entroido é unha data importante para @s galeg@s pero se es de Ourense e cumpres dez anos convértese en algo épico. O Sonoro Maxín estará na Praza Maior de Xinzo e na Capitol de Santiago os días 9 e 13 de febreiro para facer deste entroido unha festa para non esquecer.
Se non podes ir, non te apures, estamos preparando unha xira por salas galegas para achegarnos ata onde estés e poder celebralo xunt@s.
Dez anos dan para moito: dous discos, máis de... 500 concertos? Non os temos contado pero de seguro foron moitos, moitas horas de estradas, encontros, desencontros, emocións, cansanzo, alegrías... dez anos de vida e dez anos de música tropical galega.
O Sonoro Maxín celebra 10 anos e queremos celebralos con eles, porque dende aquel 2007 tamén nós temos mudado: un bocadiño máis vell@s e máis calv@s e con máis engurras...pero queremos pensar que coa mesma enerxía e ilusión, polo menos continuamos gozando de ir a cada un dos concertos de esta banda que nos fai vibrar. Así que alí nos vemos!!