Segunda edición do Festival de Artes pola Inclusión Cultural 'Festi='
● Unha segunda edición que busca reivindicar o dereito ao pleno goce da cultura independentemente das condicións físicas ou cognitivas.
● A Coruña encherá rúas, prazas e espazos de cultura sen barreiras.
O Festi= nace do programa Cultura Accesible e Inclusiva, posto en marcha polo Concello da Coruña e la Fundación Emalcsa no 2016 co obxectivo de favorecer a inclusión e a accesibilidade das persoas con diversidade funcional, sensorial ou cognitiva na vida cultural e artística.
O Festi= acolle aos nove proxectos resultantes da segunda convocatoria de Cultura Accesible. A programación completa pode consultarse na web www.coruna.gal/igualdade/festigual .
O Festi= pretende ser unha plataforma na que as persoas con diferentes capacidades amosen a súa produción cultural formando parte dun programa diverso con multitude de propostas e puntos de vista que compoñen un mosaico, reflexo mesmo da realidade.
Programación
O Festi= comezará as actividades da súa programación co Ciclo de Lírica Inclusiva da Asociación de Amigos de la Ópera de A Coruña, que o día 18 de outubro estará no Centro Cívico de Monte Alto ás 19:00h, e o 2 de novembro poderá gozarse no Centro Ágora ás 20:00h
O 7 de novembro o Teatro Colón acollerá dende as 20:30 horas o espectáculo Picasso: A ollada nas mans, de Experimentadanza e a Asociación Diversos, coa participación da Banda Municipal da Coruña. O día 15 de novembro o Teatro Rosalía recibe a La Quinta del Arte con Despertares e a La Quintana Teatro con Desde lo Invisible, premio MAX de teatro.
O día 9 de novembro unhas Xornadas de Cultura Accesible e Inclusiva encherán o Centro Ágora de conferencias, mesas de debate e formación que precisarán inscrición previa pero que como o resto das actividades non suporán gasto algún aos participantes.
Os días 14 e 30 de novembro a Asociación Participa levará a cabo roteiros inclusivos con visita guiada ao museo, sempre con inscrición previa. Entre o 15 e o 26 de novembro terán lugar diferentes obradoiros (Biodanza, DJ, poesía e lingua de signos), que desenrolarán as Asociacións Sen Animo de Nome e Negus.
A Sociedade Filatélica inaugurará a exposición “Centenario da inauguración do palacio municipal” o 22 de novembro estendéndose ate o 09 de Decembro.
O día 29 de novembro a Sitcom “E do meu que?” presentarase ás 17:30 no Salón de Plenos do Concello e máis tarde, ás 19:00 proxectárase no Teatro Rosalía.
O día 2 de Novembro será a xornada estrela con programación dende as 11:00h da mañá ata as 22:00 da noite no Ágora. Durante a mañá terá lugar a Inauguración das xornadas a cargo de Rober Pier e Tres por Cuatro, a inauguración Exposición FTloE [unha visión de Beckett] de urza e a Representación Fuera de Todo Lo Extraño. Tamén poderemos asistir a Músicas en Igualdade na Cafetería do Ágora, a representación de Pallas@s en Rebeldía da obra de teatro O Valo e a unha mostra de Poesía e Lingua de Signos.
A tarde do día 2 amosáranos a fusión de ciencia e música de “Deseñando e Unindo Sons” da A.C Zalaeta e unha contada con Lingua de signos de Vero Rilo. De 17:00 a 19:00 se proxectará o filme Coherence rematando cun debate na Aula do Ágora. Mentres tanto na cafetería haberá Músicas en Igualdade ás 18:00h cos Djs de Negus. A xornada rematará coa mostra do Obradoiro de Biodanza e como broche final Mercedes Peón cun concerto moi especial de Déixaas – Tras os muros.
Para máis información sobre o Festi= e a convocatoria Cultura Accesible e Inclusiva pódese visitar a páxina web municipal www.coruna.gal/igualdade, para coñecer a programación polo miúdo podes entrar en www.coruna.gal/igualdade/festigual .