Catálogo 2019, un catálogo cheo de novidades!
Comezamos un ano con ilusión, con forza, con máis ganas que nunca de que a cultura siga a transformar a realidade, facernos soñar nun mundo mellor con optimismo e moita música e teatro.
Tras un 2018 emocionante e vertixinoso temos que pararnos un intre a agradecer que seguimos aquí, porque todo este soño non sería posible sen vós... artistas maravillos@s que nutrides a realidade de soños, programadores e programadoras que confiades na nosa enerxía e no noso traballo e ao público que dá sentido a todo isto.
Grazas e adiante!! seguimos encarando o futuro con tanta ilusión como hai 19 anos cando toda esta tolería comezou, agardamos vervos a todas este 2019 que se nos presenta tan cheo de retos, novidades e seguro que moitas sorpresas!!!.