Esta primavera o humor en galego está de xira!!
Teatro, maxia, musica... e sempre moito humor!! dende Culturactiva propoñemos as xiras máis divertidas para a primavera, porque o teatro non só é para o verán. Papar sen cancelas, Píscore, Saaabor! esta primavera que ninguén quede sen rir!
Papar sen Cancelas
Linguas soltas, linguas hábiles, linguas deslinguadas, linguas para todos os gustos! Tres habelencios@s cociñeir@s cómic@s preparan o menú para algúns d@s personaxes máis distinguid@s do panorama galego actual. Comedia de alta cociña sobre a cultura galega.
Porque en Galicia cómese ben, e fálase mellor!
Píscore
Cunha marimba como eixo principal dos seus espectáculo Píscore xa percorreu unha boa parte de Galicia e parte do estado coas máis de 50 representacións do seu Concerto Singular. Agora, mantendo a anterior e exitosa líña de traballo marcada pola compañía, presentan Cobcerto Con Fusión, onfe fusionan música, teatro, humor, comedia xestual, clown e participación do público.
Saaabor!
Espectáculo cómico que mestura música, maxia, humor, ritmo e participación do público, co mundo da gastronomía de fondo. Os nosos protagonistas convértense en dous recoñecidos chefs que nos ofrecen pratos para todos os gustos.