Este ano as mellores propostas dende Portugal no 45 aniversario da revolución dos cravos
A mellor música chegada dende Portugal para encher de revolución as programacións galegas!
Dulce Pontes
Dulce Pontes liderou a popularización da música portuguesa en todo o mundo. Non é posible concibir o novo fado de esta primeira década do século XXI sen a contribución decisiva da cantante de Montijo.
Ana Bacalhau
A tan querida e recoñecida voz de Deolinda emprende agora carreira en solitario despois dunha década nesta formación, e de compartir escenario tamén con Gaiteiros de Lisboa, Sérgio Godinho, Xutos & Pontapés, António Chainho, Pedro Abrunhosa, Ana Moura…
Oquestrada
O acústico vístese de vangarda, o punk perde a vergoña de ser romántico e o fado énchese de ledicia. A música colle novos folgos, a tradición novo alento. Atlantic Beat é un soño do mundo contado á portuguesa, a banda sonora dunha vida.
Viviane
Viviane, de orixe francesa, manten a súa música a medio camiño entre o Fado e a Chansón. Cunha sonoridade única mantense como unha das voces máis carismáticas e singulares da música contemporánea portuguesa.
Forró Miór. Jabu Morales
Un encontro especial e poderoso da banda multicultural Forró Miór con a cantora, compositora e percusionista brasileira Jabu Morales.
Os dous proxectos musicais recoñécense artisticamente e comparten unha paixón pola mestura dos ritmos populares brasileiros.
Fado Violado
Fado Violado mestura maxistralmente dous estilos aparentemente ben distantes, o fado e o flamenco, nace no 2008 das mans de Ana Pinhal e Francisco Almeida. No seu primeiro disco, A Jangada de Pedra recrean o fado engadíndolle a densidade do flamenco sen afastarse nunca da melancólica Lisboa.