As mellores bandas en xira 2019
TREMENDA JAURÍA
TREMENDA JAURÍA vén con ganas de romper esquemas e cadeiras. Cunha boa batería de sonoridades tropicais fan seus ritmos como a cumbia, reggaetón, merengue e moombahtón, un cóctel festivo cun discurso xenuinamente combativo.
MARINAH - Ojos de Brujo
MARINAH, unha mestura sincrética que propicia o baile desaforado e a ledicia en familia. Cancións alegres que se desenvolven comodamente entre a rumba, o reggae e o flamenco, entre o afros e a música latina, entre Cuba e o hip-hop.
OQUES GRASSES
Oques Grasses é unha das formacións revelación na música catalá dos últimos tempos. A súa música colle forma no cara a cara co público. A súa natureza pertence á estirpe das bandas multinstrumentais, próximas a formacións que nos poden levar a sensibilidades que agroman desde Nova Orleáns.
ANA BACALHAU
Ana Bacalhau, a tan querida e recoñecida voz de Deolinda, tras unha década na formación, presentou o seu primeiro proxecto en solitario, "Nome Proprio". No 2013 participara na iniciativa da ONU de interpretar o tema “One Woman”, entroutras 25 cantoras.
DULCE PONTES
Dulce Pontes comezou a súa carreira como artista pop convencional, pero ao longo dos anos ten evolucionado ata converterse nunha recoñecida cantante da chamada música do mundo. Combinando o fado tradicional con estilos contemporáneos, descubriu novas formas de expresión musical.
FORRÓ MIÓR FEAT. JABU MORALES
Un encontro especial e poderoso da banda multicultural Forró Miór con a cantora, compositora e percusionista brasileira Jabu Morales. Unha paixón compartida pola mestura dos ritmos populares brasileiros con ritmos oriúndos da diáspora africana.
LINIKER E OS CARAMELOWS
LINIKER E OS CARAMELOWNS son unha formación musical liderada por Liniker, unha muller transxénero chea de enerxía e personalidade con habilidades para queimar a pista de baile.
PASCUALA ILABACA
PASCUALA ILABACA destaca dentro da renovada escena de novos cantautores chilenos. A súa música está arraigada nos sons tradicionais, pero integra sen esforzo aires jazz, pop e rock.
XIOMARA FORTUNA, A RAÍÑA DA FUSIÓN
Xiomara Fortuna é unha das creadoras musicais máis transcendentais do Caribe e a máis completa e prolífica muller da música dominicana. Con catro décadas de carreira artística é pioneira da fusión Afrocaribeña.