Primeiras datas no novo espectáculo de Leilía: CantarELAS
Leilía xa ten as primeiras datas da xira do seu novo espectáculo, "CantarELAS", que comeza na Neves o próximo 16 de maio. Pasarán por teatros, auditorios e palcos e percorrerán galicia presentando este espectáculo que, mirando hacia un novo traballo discográfico, bota a mirada ás orixes e aos 30 anos que levan xuntas.
Estas son só as primeiras 8 datas dunha xira que promete ser unha experiencia musical inesquecible na que axuntan temas emblemáticos con temas pouco coñecidos que conectan a orixe coa actualidade, pasando polas diferentes sonoridades do grupo.