Xiras de verán
DISTANS_Vol´e Temps
Premio Fetén 2019
Unha viaxe a través das emocións nun espazo visual e sonoro que envolve as escenas de circo acrobático e teatro xestual que conforman un espectáculo orgánico, sensible e divertido.
ROJO_Mireia Miracle
Teatro xestual, clown e humor. Un obstáculo, unha liña, un límite.
Rojo é o camiño dun clown, é unha viaxe aos límites, os que nos impoñen e os que nós mesmos creamos. Estrañas provisións de viaxe: chaves, pomos de portas, ilusións, po, lembranzas…
ATEMPO_Cía Vaya
Atempo é un espectáculo de circo contemporáneo, unha conmovedora e lúdica peza artística chea de enerxía, humor e poesía. Mestura impresionantes acrobacias de man a man, danza e teatro xestual, presentando unha visión orixinal da evolución do ser humano e a nosa humanidade.
A SALTO ATO_Circo no Ato
Danza e acrobacia para un espectáculo de novo circo cheo de alegoría que aborda o mal da época: xógase coa posibilidade de que a vida sexa máis xogo e menos destino, camiños, medios, riscos...
JOJO_Borja Ytuquepintas
JOJO é a fábula dun orangután que fala do ecosistema e o seu fráxil equilibrio. A poesía visual do arte con area e o relato musical son o marco que acompañará está historia de monicreques.
SAAABOR!_Culturactiva Producións
Saaabor! é un espectáculo cómico que mestura música, maxia, humor, ritmo e participación do público, co mundo da gastronomía de fondo. Os nosos protagonistas convértense en dous recoñecidos chefs que nos ofrecen pratos para todos os gustos.
CRUNCH_Muu
Un espectáculo de novo circo, de vellos amigos, de clown, de malabares diarios para chegar a fin de mes, de saltos mortais, de golpes e caídas das que un aprende e sae adiante e sobre todo de risas que é o máis necesario. Ti non os ves, pero eles estante mirando.
MÁIS ALTO AÍNDA_Desastronauts
Unha muller forte, intelixente, atractiva e divertida topa cun home... Estúpido. El ha facer o que sexa para estar con ela, e ela fará todo o posible por escapar, a súa loita se vai intensificando a medida que atopan un trapecio de balanceo, cordas aéreas e un hula-hoop de lume. .