202020: 20 anos de cultura en rebeldía
20 anos abrazando a cultura, esa que enche os fusís de caraveis, esa que enche as prazas de vida, esa que enche os hospitais de dignidade e as casas de conciencia crítica. 20 anos de apertas e caraveis, porque 25 de abril sempre, e porque cando pase este confinamento, voltaremos máis fortes e decididas a facer da nosa cultura unha ponte que transitar cara a Galicia que soñamos.
Ilustración: Iris Serrano
Texto: Iván Prado