BRIÓN Inclúe
A Pandemia non pode coa inclusión: Chega a terceira edición de BRIÓN Inclúe.
As persoas con diversidade funcional son protagonistas, nunha edición con horarios e programación máis adaptada aos colectivos.
9 de novembro de 2020. BRIÓN Inclúe cumpre tres anos e, pese as dificultades de este 2020, chega cargado cunha programación presencial que poñerá especial atención ás medidas de seguridade que require a actualidade. Do 9 ao 21 de novembro achégase á cidadanía a terceira edición deste festival que oferta unha programación pensada dende e para a inclusión real de persoas con discapacidade. Unha oferta organizada polo Concello de Brión, xestionada por Culturactiva S. Coop. Galega, subvencionada pola Deputación da Coruña, cofinanciada por Gadis e Froiz e coa colaboración de Andaina PSM. A programación inclúe unha exposición de pintura online e espectáculos de teatro e danza presenciais.
BRIÓN Inclúe:
Cultura libre de barreiras como protagonista.
Do 9 ao 21 de novembro terá lugar BRIÓN Inclúe, cunha programación pensada e estudada para a inclusicón transversal.
XOVES 12 NOV 18:00h na Sala de Exposicións
Falar a mans cheas. Obradoiro e contacontos inclusivo a cargo de Vero Rilo
SÁBADO 14 NOV 20.00h no Centro Cívico Cultural
Límites. Espectáculo de danza inclusiva, a cargo de Experimentadanza en colaboración con Human Dance Projet.
LUNS 16 NOV 11:00h no Centro Cívico Cultural
O Valo. Espectáculo para colectivos de diversidade funcional a cargo de Pallasos en Rebeldía.
VENRES 20 NOV 18.00h na Sala de Exposicións
Unhas gafas como as do avó. Contacontos inclusivo a cargo de Caxoto Contacontos e Gema Santos.
SÁBADO 21 NOV 20.00h no Centro Cívico Cultural
Arte – Homo – Natura. Espectáculo inclusivo de danza e teatro a cargo da compañía S5
DO LUNS 9 AO 21 DE NOV Redes sociais do Concello de Brión
Exposición online. Pezas do obradoiro de Arteterapia da Asociación Andaina PSM.