Así foi Terra Máxica en Compostela
O Mago Teto, Dani García, Fani Triana, Fran Rei, Martilda, Iván Asenjo e Pablo Super Cool foron os/as protagonistas deste festival que chega á capital galega tras seis anos celebrándose con éxito no Concello de Ourense. Organizada polo Mago Teto e Culturactiva S. Coop. Galega, Terra Máxica consolídase así como un festival de referencia na maxia galega. Isto non sería posible sen o apoio do Concello de Santiago, que con esta iniciativa fai posible que a maxia chegue a todos os recunchos da cidade.
Rematou por todo alto o Terra Máxica, que comenzou co Mago Teto no IES Rosalía de Castro e continuou animando outros centros coma o CSC de Arins, CSC de Pontepedriña, o CSC Lavacolla, o CSC de o Eixo, a Facultade de Historia, o IES Eduardo Pondal, o CSC de Sar, o IES Antonio Fraguas, o CSC de Amio-San Lázaro, o CSC Enfesta, o CSC Casa Agraria Meixonfrío, o CSC Fontiñas, CSC Romaño e CSC Grixoa, con shows coma TIN, Maxia pola Igualdade, Maginc&Clow ou espectáculos LGTBIQ+ como Applause... entre outros!
Grazas ao éxito de Terra Máxica chegamos con sorrisos tamén aos centros de día ou residencias coma Domusvi San Lázaro, de Oito a Oito, O tempo é Noso, Agadea. En definitiva, a maxia chegou a todos os recunchos en dez días que compartimos vía streaming con aquelas persoas que quixeron asistir de forma telemática. A gala final en Bonaval foi o peche de ouro nunha paraxe inmellorable para rematar como se merce este festival. Grazas a todas as personas asistentes!